Barro do lugar _ Recollida e preparación da terra

Nesta primeira sesión, Rubi de @terrasmolladas ensinounos a escoller o barro diretamente do terreo. Fomos aos diferentes lugares coller mostras. Finalmente trouxemos 4 mostras, entre as que estaban barros de Goente e Enveande (en Monfero) e de Gallamonde (en Miño).

@terrasmolladas explicounos a formación das vetas, a composición das terras e os detalles para comprender as características das terras e deducir a súa funcionalidade e plasticidades de cara a facer cerámica.

O proceso continuou na palleira de RC Monfero, limpando, mazando e esmagando o barro até facelo po. Logo engadimos auga, mesturamos, remexemos e desfixemos as pedriñas, e deixámolo decantar.

O seguinte paso foi coalo. Fixémolo con coadores e con panos, con diversas técnicas. De aí sacamos o barro húmido e deixámolo sobre madeiras sen tapar, coa humidade ambiental (que era bastante), e non secaron en toda a semana.

Publicado por fur alle falle

www.furallefalle.com

Deja un comentario